Publicado en Sin categoría

Entrevista a Fernando Vázquez, adestrador do Deportivo de A Coruña, sobre a utilización da lingua galega

Fernando Vázquez volveu dar un exemplo de compromiso co galego. Desta volta, nunha entrevista no programa ‘Ao contra ataque’ da Radio Galego, onde dixo estar a gusto por poder expresarse en galego:

 

https://www.nosdiario.gal/articulo/lingua/fernando-vazquez-normal-deberia-ser-dar-entrevistas-galego/20200221184721091911.html

Publicado en Sin categoría

Concurso «Lingua de namorar»

A Secretaría Xeral de Política Lingüística organiza, xunto coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a 9.ª edición do concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega Lingua de namorar, dirixido a mozos e mozas de 14 a 35 anos. O obxectivo destes premios é dinamizar o uso da lingua galega entre a xente nova, nas súas relacións persoais e a través das novas tecnoloxías, en especial en Internet e na mensaxaría instantánea. O prazo para enviar as mensaxes acaba o 9 de marzo. Tedes toda a información na seguinte ligazón:
Publicado en Lingua

A Mesa presenta o protocolo de dereitos lingüísticos

A Mesa pola Normalización Lingüística xunto coa Universidade de Santiago de Compostela, en colaboración co Kontseilua (Consello de Entidades do Euskera) e a Fundación Donosti 2016, presentaron o pasado mércores o Protocolo para a Garantía dos Dereitos Lingüísticos, que se centra na protección das linguas minorizadas de toda Europa.

O documento parte da Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos, aprobada en 1996, e trata de contribuir coas linguas en situación de desvantaxe ou minorización fronte aos idiomas hexemónicos da comunidade europea. O texto foi elaborado co obxectivo de definir as condicións mínimas precisas para garantir os dereitos lingüísticos de todos os cidadáns.

O documento atópase aínda en pleno desenvolvemento, polo que se fai unha chamada á colaboración mediante propostas.

Este protocolo busca o compromiso dos estados, para que se cumpran e se garantan os dereitos de todas as linguas de Europa.